Esse letra de Fuxan Os Ventos já foi acessado por 91 pessoas.
Veja também o vídeo da música tocada.
Miña mai por me casare
ofreceume canto tiña,
e agora que me casei,
pagóume cunha galiña.
Miña mai por me casare,
ofrecéume unha becerrae,
e agora que me casei,
díxome que lle morrera.
Miña mai por me casare
ofrecéume tres ovellas,
unha manca, outra torta,
outra cega e sin orellas.
Miña mai por me casare
ofrecéume un año tolo
e agora que me casei,
dixo que o comera o lobo.
Miña mai por me casare
meu pai por me dá-lo dote,
armaron unha regueifa,
rompéronlle os pes o pote.
Teño pena é alegría,
teño dous males a un tempom,
cando a pena me mata,
a alegría dame alento.
Para enviar você precisa efetuar um cadastro gratuito no site. Caso já tenha um cadastro, acesse aqui.
Acesse agora, navegue e crie sua listas de favoritos.
Entrar com facebook Criar uma conta gratuita
Comentários (0) Postar um Comentário